O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Lingua anima a celebrar o Día de Rosalía mercando un libro en Teo

| compartir:

A Concellaría de Lingua lanza a campaña "Un libro, unha flor" para celebrar o Día de Rosalía, que coincide coa data de nacemento da autora, o 24 de febreiro. A idea é que por cada libro que se merque nas librarías de Teo os días 22, 23 e 24 de febreiro o Concello entregará unha flor como agasallo. 

As librarías participantes na campaña son a Librería d´Ana na Ramallosa e a Vagoneta Educativa en Cacheiras. Se queres reservar algún libro ou que cho poidan encargar os teléfonos destes locais son os seguintes: 

  • Librería d´Ana: 981 803 844
  • Vagoneta Educativa: 981 943 023

Visitas a Casa Rosalía

Este ano a situación sanitaria impide organizar outro tipo de actividades, máis participativas, relacionadas con esta data. Sen embargo dende o Concello lémbrase que se asinou un convenio de colaboración coa Fundación Rosalía de Castro que facilita a visita de particulares á casa museo ás persoas empadroadas neste Concello de maneira gratuíta nos próximos meses, mentres as medidas contra a Covid non permitan as visitas guiadas para grupos.

Para certificar ser habitante deste Concello é suficiente con presentar o DNI na entrada á Casa, sen necesidade de cita previa, ou, para as persoas empadroadas que non teñan o enderezo actualizado no DNI, manifestando esta circunstancia e solicitándoo no correo-e politicalinguistica@teo.gal.

A visita á casa serve para entender a importancia de Rosalía como figura central da cultura galega e como eixo dunha familia que funcionou como unha auténtica factoría cultural ao servizo do Rexurdimento.

Lembramos que estas visitas as poderedes programar unha vez que os Concellos de Teo e Padrón non estean perimetrados polas restricións da Covid-19.

Rosalía