O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As novas liñas de transporte licitadas pola Xunta comezan a funcionar o 23 de decembro

| compartir:

Podes consultar aquí os horarios das liñas de transporte pola parroquia de Lampai. Paradas na Agrela, Mosteiro e A Silva.

Podes consultar aquí os horarios das liñas de transporte pola parroquia de Bamonde. Paradas no Cruce de Tribaldes, Reboredo, A Igrexa e Lamas.

Novo mapa de transporte de viaxeiros

O mapa de transporte do Concello de Teo queda renovado coas novas concesións de liñas licitadas pola Xunta de Galicia. Dende o 23 de decembro Monbús pasa a ser a única operadora de transporte de viaxeiros que prestará servizo en Teo. Xa en setembro cambiaran de operador as liñas que veñen da Estrada e pasan polo corredor da AC-841.

Con estas novas concesións o mapa de transporte do Concello varía bastante sobre a oferta que tiña ata agora. En moitos casos incrementaranse as frecuencias con novas liñas ou paradas en zonas nas que antes non se realizaban.

Podes consultar aquí os servizos de transporte vixentes en Teo dende o 23 de decembro

A Xunta facilita a consulta dos horarios dos autobuses no sitio web Bus.gal no que se pode buscar por parada ou indicando destino ou orixe. Sen embargo dende o Concello xa se está traballando para poder colocar horarios nas marquesiñas nas próximas semanas xa que a búsqueda a través de bus.gal non resulta moi sinxela.

Ademais, a propia operadora Monbús, tamén sube á súa web o horarios das liñas que xestiona.

O contrato que comeza a funcionar agora é o denominado XG-807 Sur da Comarca de Santiago. Deste xeito este contrato recolle frecuencias que pasan por Teo e por outros Concellos coma Ames, Vedra, Padrón ou Santiago.

De feito unha das novidades deste novo contrato é unha circular que vai dende a Rúa do Hórreo e pasa por Ames e Teo para volver a Santiago. Este tipo de liña, cun percorrido nalgúns tramos similar ao do TeoBus, permitirá por exemplo que alguén da zona de Calo se pida achegar á Ramallosa ou a Cacheiras, permitindo unha maior mobilidade entre os propios núcleos e puntos de interese municipal.

O TeoBus pasa a estar neste novo contrato pero debe seguir prestándose nas mesmas condicións.

Dende o Concello enténdese que nas primeiras semanas de prestación do servizo se poden dar algunhas incidencias polo que pedimos que calquera persoa que teña dúbidas, queixas ou demandas respecto deste tema escriba a mobilidade@teo.gal