O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello habilita un servizo presencial de atención durante a exposición pública da ampliación da AG-59

| compartir:

A Xunta de Galicia vén de publicar o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental e a separata do proxecto de construción denominado "Actualización do proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01", así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados. Consulta aquí o anuncio completo. 

Trátase da exposición pública do proxecto de continuación da autovía ata o Rollo, no Concello da Estrada. Este novo tramo afecta directamente á parte sur do Concello e o período de exposición e de formulación de alegacións comeza o 19 de novembro e remata o 4 de xaneiro. Dende o Concello e para facilitar a consulta do proxecto por parte das persoas afectadas pola expropiación dos terreos habilita un servizo de atención presencial os mércores de 10:00 a 14:00 horas no Salón de plenos. Para asistir haberá que pedir cita previa a través do teléfono do Concello: 981.815.700. Atenderá o arquitecto municipal e os días de atención serán o 25 de novembro, e o 2, 9, 16, 23 e 30 de decembro. 

O servizo de atención amplíase aos luns 21 e 28 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas, dado o volume de chamadas recibidas. 

As persoas que queiran consultar o proxecto poden premer aquí e facer a descarga. 

Descarga aquí  e aquí o listado completo de persoas con bens afectados pola expropiación. 

AVISO: A publicación no DOG das persoas expropiadas ten erros que lle afectan aos propietarios do tramo 2 dende Pontevea ao remate da autovía na Estrada. A Xunta remitiu un listado de propietarios corrixido que podes consultar aquí

A obra proxectada pola Xunta e valorada en 48 millóns de euros ten dúas partes: 

GA/18/104.01.1-Treito: A Ramallosa-enlace AC-241.

O primeiro treito discorre de norte a sur cunha lixeira orientación cara ao oeste, é sensiblemente paralelo á estrada AC-841 e atravesa o termo municipal de Teo (A Coruña). A súa lonxitude é de 3.535 m, con dous enlaces, un consistente na adecuación do actualmente existente na Ramallosa coa estrada AC-841 e outro de nova construción, sobre a estrada AC-241, situado ao final do treito. A actuación inclúe 6 novas estruturas: viaduto de Santa Lucía, 3 pasos inferiores e 2 pasos superiores.

GA/18/104.01.2-Treito: enlace AC-241-enlace PO-841.

O segundo treito segue paralelo á estrada AC-841, atravesa os termos municipais de Teo (A Coruña) e A Estrada (Pontevedra). A súa lonxitude é de 4.000 m, cun enlace consistente na construción dunha glorieta a nivel sobre a estrada PO-841, situada no final do treito. A actuación inclúe 9 novas estruturas: viaduto do río Ulla, viaduto do río Vea, 4 pasos inferiores, 1 paso superior e 2 muros.

A exposición ao público do proxecto, ademais de nos Concellos de Teo e A Estrada, tamén se realiza na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

Os servizos técnicos do Concello están nestes momentos estudando a documentación por se houbera que presentar alegacións. 

autovía

Arquivos descargables