O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O festival Atlántica presenta en Teo o evento "Polo San Martiño contos en liña: Contos sorprendentes"

| compartir:

Coincidindo coa celebración de San Martiño en Teo, o Festival Atlántica de narración oral ofrece unha función da narradora oscense Sandra Aragúas que será retransmitida en liña polas redes sociais das bibliotecas (https://es-es.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo/) e de Cultura de Teo (https://www.facebook.com/pg/culturaconcellodeteo). O evento comeza este martes, 10 de novembro, a partir das 16 horas, e leva o título de ‘Polo San Martiño contos en liña: Contos sorprendentes’.

Neste espectáculo, concibido para nenos con idades entre os tres e os oitos anos, Araguás vai intentar arrincar o riso e a gargallada a través de historias tolas e xocosas onde pode acontecer calquera cousa.
A actividade conta coa colaboración do Concello de Teo e podes ver os vídeos, que estarán dispoñibles ata o xoves 12 de novembro premendo aquí.

 

atlántica