O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ábrese un período de exposición do proxecto Camiños escolares seguros. Acceso ao CEIP de Calo

| compartir:

O Concello abre un período de exposición e consulta pública sobre o proxecto de creación de camiños escolares seguros, concretamente na zona que dá acceso ao CEIP de Calo. Segundo explica a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, "ante a dificultade de convocar reunións veciñais informativas pola situación COVID, acordamos habilitar un período de exposición pública aberto a suxestións a este proxecto que está previsto executar o ano que vén". Neste intre temos deseñado o proxecto pero aínda estamos nun momento no que se poden atender suxestións e melloras. 

O prazo de exposición estará aberto dende o 27 de outubro ao 16 de novembro de 2020. Podes consultar aquí o proxecto de Camiños escolares seguros na zona da Igrexa-Calo. 

Podes ver a explicación do proxecto en vídeo premendo aquí

Trátase dun diseño que conta con fondos europeos FEDER-POPE 2014-2020, cun orzamento total de 499.075,24 euros, e que inclúe unha serie de actuacións co fin de mellorar a mobilidade e a seguridade peonil na zona de Folgueiras, Fixó, A Igrexa de Calo e A Cascalleira.

Segundo indican dende Urbanismo, estas medidas incluirán sendas peonís que comunicarán o CEIP de Calo coa zona do pavillón municipal e a escola infantil municipal de Calo; coa N-550, en Balcaide; con Fixó e Campos de Mirabel e con Folgueiras o que suporá unha mellora integral da seguridade viaria da zona, na que se concentran diversos servizos públicos de grande afluencia peonil.

Debido ás necesidades técnicas desta execución, e en base a un estudo de tráfico previo, o Concello debe limitar os sentidos de circulación no Lugar de Fixó e na Rúa Cascalleira, de xeito que nestas dúas zonas están previstos sentidos únicos. 

Os Planos de ditos sentidos únicos atópanse no proxecto que xuntamos a esta nova e podes consultar premendo aquí.

Podes tamén ver os planos por zonas. 

  • Preme aquí para ver os planos da zona da Cascalleira.
  • Preme aquí para ver os planos da zona do CEIP de Calo. 
  • Preme aquí para ver os planos da zona igrexa de Calo-Folgueiras.
  • Preme aquí para ver os planos da zona de Fixó. 
  • Preme aquí para ver o plano coa proposta completa de regulación de tráfico coas direccións. 


Na Oficina de Urbanismo, poderanse consultar os ditos planos así como resolver as dúbidas aos mesmos, para o que deben solicitar cita previa no teléfono 981815700, ou formular a súa consulta a través do correo electrónico urbanismo@teo.gal.

Tamén podes ver a explicación técnica do proxecto da man do arquitecto municipal premendo aquí

A medida que se flexibilicen as medidas sanitarias polo COVID, desde o Concello comprometémonos a convocar reunións presenciais veciñais para explicar as medidas a implementar na zona.

Podes consultar aquí un informe sobre as suxestións ou reclamacións recibidas. 

Esta actuación execútase a través dunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

idae    idae 2