O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello sinaliza a primeira ruta Apego dende Pontevea á Burga de Xermeade

| compartir:

O Concello de Teo vén de sinalizar a primeira ruta Apego nun tramo de algo menos dun quilómetrao que une Pontevea coa Burga de Xermeade, un espazo natural destacado do noso municipio. Trátase da primeira ruta Apego sinalizada en Galicia e contará con audioguías explicativas pensadas para as crianzas. A particularidade desta ruta é que está pensada para familias con nenos/as de 0 a 6 anos, xa que este é o espíritu deste programa.

Deste xeito, atopamonos cun percorrido perfectamente accesible para familias que se acheguen con carriño de bebé, con crianzas de pouca idade ou persoas en caderias de rodas. Ademais este tramo ten un escaso tráfico rodado polo que tamén cumple coas condicións de seguridade axeitada para os/as máis pequenos/as da casa. A ruta está marcada con cinco postes informativos cun código QR non que se poderá descargar unha audioguía explicativa do espazo natural no que nos atopamos.

Apego é un programa dirixido a familias que fomenta o uso da lingua galega para crear vínculos entre persoas e co territorio e é froito do traballo cooperativo dos equipos de normalización lingüística de varios concellos, tamén o noso.

Segundo nos explica María López, concelleira de Turismo "esta ruta xurde logo dun traballo de reflexión e colaboración entre as áreas de Turismo e de Lingua coa certeza de que cando somos capaces de contar cun espazo seguro para as crianzas temos un espazo seguro para o conxunto da sociedade". A recuperación dos espazos, nomeadamente o espazo público e comunitario, para as familias así como para a mocidade, as persoas con necesidades especiais ou as maiores é unha obriga para as administracións. "Acadar espazos públicos seguros e accesibles é unha obriga e unha necesidade máis neste momento que vivimos como sociedade" explica María López.

A pandemia que estamos sufrindo nos últimos meses pon no centro do debate público a necesidade de dotarnos de espazos para un lecer seguro. "E Teo conta con enclaves naturais e tradicionais que debemos valorizar e poñer a disposición da veciñanza para o seu uso, desfrute e coidado" destaca a concelleira de Turismo.

Está prevista a expansión deste tipo de rutas a outras zonas do Concello, máximo nestes tempos da COVID onde debemos priorizar os espazos de lecer ao aire libre.

apego