O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Pleno extraordinario

O mércores 14 de outubro celébranse dous plenos extraordinarios a partir das 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, dende as 20:00 horas, na Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

O pleno das 20:00 horas ten os seguintes puntos na orde do día: 

  1. Dación de conta do escrito do grupo municipal de Son de Teo sobre cambios na conformación das comisións informativas. 
  2. Ditame da proposta da alcaldía de acordo de non dispoñibilidade de créditos. 
  3. Proposición da alcaldía de modificación do regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo. 

O pleno das 20:30 horas ten a seguinte orde do día: 

  1. Ratificación da urxencia. 
  2. Aprobación da conta xeral do exercicio 2019. 
casa concello
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento