O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo mantense nunha boa situación epidemiolóxica

| compartir:

O Concello de Teo leva varias semanas baixo vixiancia por parte do Sergas en relación á evolución de casos de covid-19. Dende que se estableceron restricións no veciño Concello de Santiago e máis recentemente no de Ames o Sergas mantén contacto semanal co Concello para informar da evolución. 

Nos últimos días a situación mantense cunha baixa incidencia, con menos de 15 casos neste momento. Sen embargo a proximidade xeográfica a Santiago e Ames fan necesario manter todas as precaucións e lembrar a importancia das medidas de prevención: distancia social, uso de máscara e lavado frecuente de mans. Ademais deso temos que ser responsables e minimizar os contactos sociais evitando estar con grupos grandes de persoas sen medidas protectoras como a máscara.

O datos de positivo é un dato facilitado polo Sergas e dende o Concello non se dará de xeito periódico salvo que a situación empeore e se faga necesaria esa comunicación máis habitual. Dende Teo xa se lle ten solicitado ao Sergas que faga públicos os datos, se non cun número exacto por día, dalgún xeito que permita que a cidadanía coñeza a situación real do seu territorio respecto da incidencia do virus. 

 

coronavirus