O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A aula de informática publica a oferta formativa para outubro

| compartir:

A aula de informática municipal publica a oferta formativa para o mes de outubro que se centra nun taller de manexo do rato e o teclado e outro de mecanografía. O curso de manexo de rato e o teclado está enfocado a dar os primeiros pasos cun ordenador e será os días 13, 14 e 15 de outubro de 10 a 11:45 horas cunha duracióin de 5 horas e 15 minutos. 

O curso de mecanografía será do 19 ao 28 de outubro de 10 a 11:45 horas cunha duración de 14 horas. Grazas a este taller poderás aprender a escribir correctamente e con soltura no ordenador. Ambas actividades son de balde. 

Os talleres están destinados a persoas empadroadas no Concello de Teo maiores de 16 anos, sen coñecemento sobre a informática e internet. Hai 9 prazas dispoñibles e para a realización da actividade debemos ter un mínimo de cinco persoa anotadas. O prazo de inscrición está aberto do 29 de setembro ao 8 de outubro. Para anotarse hai que entregar a ficha de inscricón no Rexistro xeral do Concello e as prazas serán asignadas por orde de inscrición.

As actividades estarán adaptadas ao protocolo covid-19. Lembramos ademais a obrigatoriedade do uso de máscaras en espazos de uso público.  

Descarga aquí a ficha de inscrición nas actividades

vinilos

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
ficha inscrición actividades outubro.pdf 554.15 KB