Escolas culturais 2020/21. Listas admitidos/as

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as listas de persoas admitidas nas escolas culturais para o curso 2020/21

Consulta aquí as listas de persoas admitidas

Dado que en moitas das escolas quedan prazas libres as persoas interesadas poden seguir anotándose presentando a ficha de inscrición no Rexistro de entrada ou a través da sede electrónica

Tamén lembramos que o Concello resérvase o dereito a non realizar algunha das actividades por non acadar o mínimo de alumnos/as. 

Formalización da inscrición

As persoas admitidas nos obradoiros deberán formalizar a matrícula do 25 de setembro ao 5 de outubro. A formalización da inscrición faise liquidando a taxa correspondente ás actividadeds mediante a folla normalizada de pagamento ou por transferencia bancaria e enviándoo por correo electrónico a cultura@teo.gal ou entregándoo no Departamento de Cultura. Os pagos serán de 20 euros trimestrais. Lembramos que perderán o dereito a asistir ao obradoiro os/as participantes que non paguen a matrícula. 

Descarga aquí a folla de autoliquidación da taxa

O ingreso pódese realizar nos seguintes números de conta do Concello: 

SABADELLGALLEGO Nº DE CONTA: ES03-0081-2154-71-0001001109

ABANCA Nº DE CONTA: ES19-2080-0318-19-3110000099

Publicado en teo.gal o 25 de setembro de 2020

Publícase a oferta das Escolas culturais municipais para o curso 2020-21, as cales adaptarán os seus protocolos para axustarse á realidade sanitaria que exista en cada momento.

Ficha inscrición escolas culturais municipais 2020-2021

O prazo de inscrición comezará o 15 de setembro e estenderase ata o vindeiro 23 do mesmo mes, a inscrición pode realizarse fisicamente na Casa do Concello e a través da sede electrónica na web municipal. Así mesmo se algunha actividade excede o número da súa oferta, as prazas serán sorteadas publicamente. As listaxes provisionais publicanse o 25 de setembro e nelas aparecerán, de ser o caso, as actividades nas que sexa necesario realizar un sorteo.

Pagamento de actividades e escolas culturais: 

Do 21 ao 29 de setembro
O pagamento pódese realizar mediante o formulario de taxas directamente na oficina bancaria ou mediante
transferencia bancaria indicando nome do participante e actividade á que asiste. Débese enviar o resgardo a
cultura@teo.gal ou no seu defecto entregalo no Departamento de Cultura. 

MATRÍCULA: Os pagos serán 20€ trimestrais

  1. 1º pago: do 25 de setembro ao 5 de outubro
  2. 2º pago: na primeira quincena de xaneiro
  3. 3º pago: na primeira quincena de marzo

LEMBRAMOS QUE AS ESCOLAS CULTURAIS ESTARÁN SUPEDITADAS ÁS MEDIDAS SANITARIAS CO
PROTOCOLO COVID-19 E COAS NORMATIVAS EN VIGOR NESE MOMENTO.

No caso de que non se poidan realizar as actividades presencias, continuaran en liña como o curso anterior.