O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello volve a participar na limpeza simultánea dos ríos impulsada por Adega

| compartir:

O Concello de Teo volve a participar este ano na limpeza simultánea dos ríos que impulsa Adega dentro do proxecto Ríos. Trátase dunha xornada na que centos de voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos voluntarios que teñen participado en todos estes anos. Esta iniciativa cumpre xa trece anos. 

Neste 2020 a limpeza está programada para o 27 de setembro. O Concello de Teo sumase a esta iniciativa promovida por ADEGA, e convoca a todas as persoas interesadas en inscribirse no mail voluntariado@teo.gal . O curso fluvial escollido este ano será o rego de Sestelo. A operativa será organizada polo Servizo de voluntariado do Concello de Teo.

 

mollate