O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Iniciase a revisión do regulamento de funcionamento das hortas urbanas municipais

O Pleno da Corporación, na sesión do 23 de decembro de 2019, aprobou o seu Plan anual normativo 2020.
En dito Plan, incluíase o Regulamento de funcionamento de hortas urbanas municipais do Concello de Teo, aprobado no Pleno do 27 de febreiro de 2014 e publicado no BOP núm. 94 do 20 de maio de 2014.

Aos efectos de poder recabar a opinión da veciñanza e que esta poida aportar suxestións para a modificación e simplificación de dito Regulamento, establécese un período de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio na web municipal, para que toda a veciñanza do concello poida achegar as súas aportacións á Secretaría Xeral do Concello, por rexistro de entrada, de calquera dos xeitos dispostos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas.

Podes consultar aquí o regulamento de funcionamento das hortas urbanas en vigor

Publíquese tamén no taboleiro de anuncios da Casa consistorial, e dase traslado aos/ás actuáis usuarios/as das hortas urbanas munipais. 

O prazo de quince días para recibir suxestións estédense entre o 24 de xullo e o 13 de agosto. 

Publicado en teo.gal o 23 de xullo de 2020.