O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello licita a reforma do Centro Social de Reis

| compartir:

O Concello de Teo licita a reforma do Centro Social de Reis, unha obra cofinanciada pola Deputación da Coruña a través do Plan Único. Os traballos que se van realizar centraranse no mantemento da edificación, a reforma da instalación eléctrica e a colocación dun sistema de protección contra incendios.

En total, os traballos están valorados en 101.231,21 euros, dos que a entidade provincial achegará 99.993,64 euros e a administración local 1.237,57 euros. Este complexo, construído no ano 1995, está composto por unha planta baixa e un soto e presenta unha superficie útil de 559,75 metros cadrados.

Instalarase un falso teito, renovaranse as placas de xeso laminado e pintarase a fachada posterior e lateral esquerda. No relativo á reforma da instalación eléctrica, colocaranse unha caixa xeral de protección e medida, aplicarase unha reforma dos cadros eléctricos existentes e cambiaranse os cables da instalación interior con condutores de cobre. Dotarase ao mesmo do subministro de socorro mediante un sistema de alimentación Ininterrompida, de acordo coa normativa.

Por último, e no relativo á protección contra incendios, instalarase unha porta cortalumes homologada e aplicarase unha capa de verniz ignífugo. Colocarase un extintor portátil de neve carbónica, un de po químico e un sistema de alarma. Tamén un sistema de abastecemento de auga contra incendios e un hidrante.

O prazo de execución dos traballos será dun mes contado desde a primeira acta de replanteo. O praza de presentación de ofertas remata o xoves 16 de xullo. 

Pontevella