O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Benestar publica as listaxes definitivas das escolas infantís municipais e abre o prazo de matrícula

| compartir:

Benestar publica as listaxes definitivas de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Podes consultar as listaxes publicadas premendo aquí.

Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula do día 2 ao 11 de xullo, ambos incluídos, de non ser así perderíase a praza.

O impreso de matrícula pódese obter premendo aquí, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís. Todas as persoas que se matriculen deben achegar a declaración da renda do ano 2019 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.

É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.

A formalización da matrícula pode facerse:

  • Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa declaración da renda.
  • Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula e a declaración da renda.

Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos: Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas); non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas).

Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación: Almorzo: 7:30 a 9:00 horas; Xantar: 12:30 a 14:00 horas ou Merenda: 17:30 a 18:30 horas. 
O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.

Pódese ver a convocatoria completa premendo aquí.

 

Escolas infantís

Arquivos descargables