O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícase o dossier informativo sobre os campamentos e amplíase o prazo de pago ata o 13 de xullo

| compartir:

Despois da reunión informativa sobre o funcionamento do campamento publícase a información e o cronograma de actividades previsto. 

Consulta aquí o dossier informativo sobre os campamentos

Consulta aquí o cronograma sobre as actividades previstas nos campamentos

Debido á situación que estamos vivindo este ano por mor da crise sanitaria dende a Concellaría de Mocidade acordouse ampliar o prazo para facer o pagamento ata o luns 13 de xullo. Unha vez feito o pagamento deben entregar o xustificante de xeito presencial no Departamento de Deportes ou enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal. En caso de non facer o pagamento en prazo enténdese a renuncia á praza no campamento. 

A área de Mocidade publica as listaxes de solicitudes admitidas para o campamento infantil e xuvenil de verán, que este ano se celebra en agosto en Santa Cruz de Oleiros. 

Consulta a listaxe de solicitudes admitidas no campamento infantil premendo aquí

Consulta a listaxe de solicitudes admitidas no campamento xuvenil premendo aquí

Como as solicitudes non cubriron o número de prazas seguira aberta a inscrición ata o día 8 de xullo e adxudicaranse por orde de chegada. 

As persoas admitidas poden formalizar o pagamento ata o 13 de xullo e deben entregar o xustificante de xeito presencial no Departamento de Deportes ou enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal. En caso de non facer o pagamento en prazo enténdese a renuncia á praza no campamento. 

Descarga aquí a folla de autoliquidación

As persoas admitidas que non entregaron a foto tamaño carné deben facelo o antes posible. Poden enviala ao correo electrónico deportes@teo.gal ou entregala nas oficinas de Deportes, na Casa do Concello. 

A reunión informativa sobre o funcionamento dos campamentos será o martes 7 de xullo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste, na Ramallosa.

O campemento infantil celebrarase do 14 ao 22 de agosto e está dirixido a nenos/as nados/as entre o 2008 e o 2013 empadroados en Teo. As prazas ofertadas son 76 máis 5 para emerxencias sociais. Polas súa banda o campamento xuvenil celebrarase do 3 ao 11 de agosto e está dirixido a persoas nadas entre o 2003 e o 2007 empadroadas no Concello de Teo. O número de prazas ofertadas no xuvenil é de 58 máis 5 para emerxencias sociais. O coste da actividade é de 90 euros.

A reserva de praza, neste segundo prazo, está aberta atao o 7 de xullo. Para facer a inscrición hai que entregar a ficha de inscrición e unha foto actual tamaño carné a través da Sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. Para entregar documentación no Rexistro non é preciso pedir cita previa. 

Máis información no teléfono: 881978433 ou en deportes@teo.gal