O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Resolución de continuación do procedemento de adxudicación de prazas nas EIMs do Concello

Publícase a resolución de continuación do procedemento de adxudicación de prazas nas EIMs do Concello.

A resolución resolve: 

  1. Continuar o procedemento para a adxudicación das prazas nas escolas infantís municipais do Concello de Teo para o curso 2020/2021, de acordo cos artigos 5 e ss do Regulamento de organización e funcionamento das EIMs.
  2. O prazo de inscripción nas EIMs do Concello de Teo para o curso 2020/2021 abarcará dende o día 13 de maio ata o 2 de xuño, podéndose presentar as correspondente solicitudes tanto no Rexistro Xeral do concello, neste caso a partir do luns 18 de maio, como na sede electrónica do mesmo.
  3. A presente resolucion surtirá efectos dende o día da súa data, sen prexuízo de facer público o contido da mesma, para xeral coñecemento, no BOP, no taboleiro de edictos do Concello, na web municipal, no portal de transparencia e na sede electrónica.
  4. Contra a presente resolución, que pon fin a vía administrativa, poderanse interpor os recursos previstos no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ou directamente recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo de que, de acordo co disposto nas disposicións adicionais segunda e terceira do RD 463/2020, de 14 de marzo, queda en suspenso o prazo para a interposición, no seu caso, do recurso contencioso administrativo.
  5. Dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que se celebre.

Consulta aquí a resolución completa

Publicado en teo.gal o 12 de maio de 202

O BOP número 72 do luns 25 de maio publica o anuncio de Resolucións da Alcaldía e da concelleira de urbanismo, ditados ao amparo dos apartados 3 e 4 da Dispos. adic. 3.ª do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, relativos a continuación de varios procedementos.