O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Mocidade

A área de Mocidade do Concello ten varios programas estables dirixidos á rapazada.

QuedaTEO: A primeiros de 2020 iniciouse esta programación que consiste nunha actividade de lecer un sábado a mediados de cada mes para os/as rapaces de 14 a 20 anos. QuedaTeo xoga coa idea de quedar coas amizades no seu propio lugar de residencia. As actividades son de balde e contan con servizos de autobús.

A inscrición na proposta de cada mes realízase por correo electrónico a mocidade@teo.gal na primeira quincena e as prazas adxudícanse por orde de inscrición.

Teatro: Mocidade conta cun grupo de teatro de mocidade que ensaia con Clara Gayo e leva funcionando varios anos. Os ensaios comezan en outono e duran ata o mes de xuño e neles participan mozos/as de 14 a 20 anos. As persoas interesadas en participar poden escribir a mocidade@teo.gal

Actividades de ocio e tempo libre. A Concellaría organiza para os períodos estivais diferentes actividades de ocio e tempo libre sendo unha das principais os campamentos de verán para nenos/as e mozos/as.

obradoiro mocidade

Contacto

mocidade@teo.gal
981815700

Ubicación

Travesía da Ramallosa, nº 38. CP 15883. Lucí. Teo
Lucí

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
quedateo_febreiro2020.jpg 3.95 MB
quedateo_xaneiro2020.jpg 2.6 MB