O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O persoal das escolas infantís mantén o contacto co alumnado a través da rede

| compartir:

O alumnado das escolas infantís municipais leva na súa casa dende o luns 15 de marzo coma todos os escolares. O persoal dos centros acordou realizar pequenos vídeos con diferentes actividades para manter un contacto cos nenos e nenas. As pezas pódense ver na canle de youtube do Concello premendo aquí

As pezas están especialmente pensadas para nenos e nenas pequenos/as pero algunhas delas seguro que son do gusto dos/as irmáns maiores tamén. Así podemos escoitar contos, cancións, aprender a facer ioga ou un biscoito. Esta iniciativa do profesorado dos centros pretende facer máis levadeiro o confinamento dos/as cativos/as e manter tamén a relación co alumnado aínda que nestes momentos ten que ser a través dunha pantalla. 

Podedes ver aquí os vídeos que se van subindo: 

  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre, profe na escola infantil da Ramallosa cun conto co que conmemora o Día do autismo.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Cristina Sardiña, educadora na escola infantil de Calo que canta unha canción anunciando a chegada da primavera
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Esther López, educadora das escolas infantís no que lles ensina aos máis pequenos/as como facer pasta de modelar na casa con moi poucos ingredientes. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Loaira Castro, educadora na escola infantil da Ramallosa, no que nos ensina a facer ioga. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Susana Campos, educadora na escola infantil de Calo, no que nos conta o conto Cororico. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Pili Alvarellos, educadora na escola infantil da Ramallosa, no que prepara un biscoito de iogur.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo do persoal da escola infantil dos Tilos mandando unha mensaxe de ánimo ás familias e sobre todo á cativada da casa.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo no que Rosa Vázquez prepara unhas gallegas de manteiga.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo no que María José Castro nos ensina manualidades sinxelas para facer coa cativada da casa.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Alicia Aldrey no que realiza un experimento: un volcán de vinagre.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Erica Parente no que canta o conto do Polo Pepe.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Alejandra Pérez contando o conto Unha eiruga larpeira.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Rocío Andrade no que nos ensina a plantar xudías.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de María Rita no que ensina como facer un xoguete moi sinxelo con material de refugallo.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Marta Vázquez preparando barriñas de chocolate con nubes.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Beatriz Fernández contando dun xeito moi especial "Un libro" de Hervé Tullet.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Sofía Mantiñán no que fai unha manualidade, unha bolboreta.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Silvia Pampín no que realizar manualidades coas que familiarizarse cos números.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Miriam Fernández no que canta unha canción moi coñecida coa que seguro ides bailar!
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre no que nos conta o libro "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de María Rita que nos ensina a xogar con material de refugallo e cousas que temos na casa.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Ángela Cajaraville no que fai unha manualidade con material de refugallo. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Pili Alvarellos onde nos ensina a plantar unhas sementes.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Cristina Sardiña no que nos le un conto.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Silvia Pampín no que fai xogos para falar das profesións.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Susana Campos onde xoga coas cores.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre no que fai manualidades para traballar con texturas.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de María Rita no que fai unhas xoaniñas.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Esther López cántanos unha canción infantil.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Loaira Castro facendo estiramentos para os/as peques.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Miriam que nos canta a canción Trota cabaliño.
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Susana Campos que nos conta o conto A vaca que puxo un ovo. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Borja Gendre no que nos le o libro Un bosque tranquilo, que fala sobre a paciencia e ofrécenos consellos para traballar a autonomía dos/as nenos/as na casa. 
  • Premendo aquí podedes ver o vídeo de Rosa Vázquez no que prepara unha manualidade moi refrescante: pintura con xeo de cores.

Podes ver máis recursos lúdicos para pasar mellor o confinamento premendo aquí

patio interior ramallosa