O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Desfruta de contido en liña da escola de artes plásticas e debuxa con nós

| compartir:

As Escolas Culturais do Concello seguen a súa andaina on-line nos seus horarios habituais. Neste caso o Obradoiro de Artes Plásticas continúa a desenvolver dende a casa o seu programa anual deste curso 2019-2020 adicado ás Personaxes de Animación do eido do cine e a TV o longo da historia.

Semanalmente seguiremos aprendendo a debuxar figuras en diferentes técnicas ó mesmo tempo que coñecemos novas formas de expresión artìstica que podemos facer na casa.

Dende a Concellalia de Cultura queremos animar a todos os rapaces e rapazas do Concello a que participen, para o que iremos publicando na canle de youtube do Concello titoriais que están elaborando os mestres das escolas. Podes ver o primeiro titorial premendo aquí

Tamen vos animamos a que compartades os vosos traballos nas redes sociais co cancelo #escolasculturaisTeo de xeito que os poida ver toda a veciñanza. Podedes envialos tamén a cultura@teo.gal Agardamos que este contido dixital vos resulte entredito e lembrade a importancia de quedar na casa #quedanacasa

artes plasticas