O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
Dende as Bibliotecas municipais de Teo, dependentes da Concellaría de Cultura, anímannos hoxe a celebrar nos fogares o Día Mundial da Poesía dando vida a palabra escrita na voz de Marina Nieto Pol de Palabras Vivas - Lecturas dramatizadas.
Realizaron unha selección e déixannos varios videopoemas. O primeiro leva por título "Camiñan" ,escrito por Ana Romaní para o seu libro "As últimas mareas" que podes ver premendo aquí. O segundo é "Cantiga do neno da tenda" de García Lorca, que forma parte dos "Seis poemas galegos" e podes ver premendo aquí.
Nestes días de estar na casa agardamos que esta proposta vos permita por un anaco desfrutar da emoción e a beleza que transmite a poesía.
#quedanacasa