O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cen núcleos do concello de Teo contarán con fibra óptica en 2021

| compartir:

O Concello de Teo acaba de recibir comunicación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) trasladándolle os novos investimentos que vai realizar a Administración Xeral do Estado co programa de Extensión de banda larga de nova xeración para despregar fibra óptica no municipio antes do remate do ano 2021. Despois das xestións realizadas polo goberno municipal e tendo en conta os programas previos desenvolvidos pola Xunta e polo Estado en anos anteriores, e os compromisos agora adquiridos, a información actualizada dos despregamentos das redes ultrarrápidas é a seguinte:

Plan 2020

Os lugares de Cornide (en Calo), A Agrela (en Lampai), Espasande e A Insua (en Luou), Rarís (en Rarís), Olveira e Pontevea (en Reis), e Campos (en Teo), atópanse xa con servizo de fibra óptica grazas ao Plan de Banda larga 2020 da Xunta de Galicia desenvolvido por Telefónica. O mesmo plan permitiu que se estean a rematar os traballos nos lugares de Cesar e Folgueiras (Calo), Regoufe (Luou), Agoso (Oza), Pite (Lucí), A Ribeira (en Reis) e Vilariño (en Vilariño).

Plan 2016-2019

Rematando o proceso debería atoparse o programa de Extensión de banda larga de nova xeración dependente da Administración do Estado dependente da compañía R cable, que ten un período de despregamento que vai de 2016 a 2019 e que afecta aos núcleos de Ameneiro, Balcaide, Casalonga, Fixó e Osebe na parroquia de Calo. 
Para 2020 e 2021 Pola mesma compañía pero con data de remate no 2020 están afectados os lugares do Casal, Mouromorto e Rúa de Francos en Calo, O Aido, Caxade, A Igrexa, Nespereira, Paraxó e Bustelo en Luou, e Bouñou, O Pazo e Sestelo en Rarís. Dentro do mesmo programa estatal e no mesmo período temporal, pero a través de Telefónica, están programados os núcleos da Póboa, Sebe e Montouto en Cacheiras, Texexe e Vilares da Rúa de Francos en Calo, e Fornelos en Rarís.

Outros lugares do concello terán acceso á banda ancha antes de finais de 2021 a través do citado programa de Extensión de Banda Larga que desenvolverá Telefónica mediante unha subvención que acaba de conceder a Administración do Estado. Se ben no peor dos casos temos un período de espera de dous anos, por fin existe un compromiso firme e prazos de execución que permitirá a chegada da banda ancha á Devesa, Noenlles, Penelas, Procelas, Tras do Eixo e Catro Camiños (en Cacheiras), Adrán, o Faramello, A Igrexa, Mazas, A Pedreira, Riotinto, San Domingo, Socastro, Vilaverde e A Xesta (en Calo), Mosteiro, A Silva e Vilar do Bispo (en Lampai), Chaves, Lucí e Paredes (en Lucí), Cantoña, Loureiro, Quintáns e Trasellas (en Luou), Cachóns, Castres, Cepeda, Eio dos Ferreiros, Eio dos Menecos, Outeiro, Ribas e Vilanova (en Oza), Casal de Reis, A Florida e Vilela (en Rarís), A Pedra e Tarrío (en Recesende), O Ferreiriño, A Freiria, Freixeiro, A Igrexa, Monteselo, Outeiro, Pazos, Piñeiro, Samar, Valiñas, Vieiro e Xermeade (en Reis), Agromaior, Fontenlo, Mallos, Noceda e Vilachaiño (en Teo), O Coto, A Igrexa, Lamas e Reboredo (en Bamonde) e Cerdeira (en Vilariño) 
 

conexion