O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aberta a inscrición para participar na campaña de esquí da Deputación

| compartir:

O Concello de Teo participa, un ano máis, na campaña de esquí da Deputación. Deste xeito un grupo de oito nenos/as poderán ir a Manzaneda a esquiar do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2010. A inscrición pódese facer ata o catro de decembro. 

Esta actividade está dirixida a nenos/a empadroados/a no Concello de Teo, que teñan de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2010). O número de prazas dispoñibles é de oito e terán prioridade os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve. 

A inscrición hai que facela no Rexistro Xeral do Concello ata o 4 de decembro. A ficha de inscrición pode recollerse nas oficinas municipais ou descargar aquí. Se a solicitude se presenta por correo ou noutro rexistro oficial ou electrónico deberá adiantar o xustificante de presentación por fax (981.809.401) ata o día no que remata o prazo de inscrición, o 4 de decembro. Se o número de solicitudes é maior ca o número de prazas ofertadas, farase un sorteo público o 11 de decembro ás 11:00 horas na Casa do Concello.

A campaña de esquí farase na Estación invernal de Cabeza de Manzaneda e o prezo da actividade é de 85 euros por participante. Esto inclúe o transporte, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento e material, remontes mecánicos na estación e actividades varias.  

Máis información no Departamento de Deportes municipal, no teléfono 881978433 ou no correo electrónico deportes@teo.gal 

nenoneve

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
fichainscricioncampañaneve.pdf 154 KB