O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Recursos en galego para a educación infantil para educadoras e familias

| compartir:

As persoas educadoras das escolas infantís municipais e privadas e as familias interesadas teñen a oportunidade de coñecer e aprender infinidade de contos, cancións, xogos e moitos outros recursos educativos e materiais en galego da man de Alí, un obradoiro de recursos en galego para a educación infantil que ten por obxectivo promover o uso do galego nas escolas infantís e entre as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos e facelo dun xeito lúdico e práctico.

O día 30 de novembro terá lugar na Escola Infantil Municipal de Calo esta xornada formativa dirixida a persoas educadoras e ás familias interesadas en horario de 9.30 a 14.00 h e de 15.30 a 19.00 h. A participación no obradoiro é de balde e emitirase un diploma acreditativo da asistencia.

Para inscribirse debe enviarse un correo electrónico ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo (politicalinguistica@teo.gal) cos seguintes datos: nome completo, documento de identidade, teléfono e enderezo electrónico de contacto e, no caso de traballar neste eido, nome da escola na que traballa e posto que desempeña. No caso de haber un mínimo de solicitantes, disporase de servizo de canguraxe durante a xornada, polo que deberá indicalo tamén aquí.

As 25 prazas dispoñibles no obradoiro, con preferencia para persoas traballadoras municipais, asignaranse por orde de entrada dos correos.

Este obradoiro, ofrecido desde Apego, un programa creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial, facilitará recursos lúdico-didácticos ás educadoras e familias para poder compartir cos nenos e coas nenas e tamén dará a coñecer diverso material en galego, cancións, música e xogos, destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Ademais, estas xornadas de achegamento a recursos en galego presentarán o portal “Alí, recursos en galego para a educación infantil” http://aliali.gal/  para facilitarlles ás familias e ás persoas educadoras o acceso ao material presentado.

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo. Contacto: Tfno.: 881 956 082 politicalinguistica@teo.gal

EIMs

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Obradoiro recursos en galego EIMs.pdf 456.01 KB