O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As I Xornadas Micolóxicas do Concello de Teo comezan o 29 de novembro

| compartir:

(EDITADO) Publícase a listaxe de persoas admitidas e en listaxe de agarda para as xornadas micolóxicas. Consulta aquí a listaxe. 

O Concello programa as súas I Xornadas Micolóxicas entre o 29 de novembro e o 1 de decembro. Serán tres días nos que as persoas que participen recibirán formación teórica e tamén acudirán a unha saída prospectiva.
 

Charlas formativas
Están previstas dúas charlas complementarias sobre micoloxía. Serán as dúas na aula formativa da Casa Común de Oza. Están previstas para o venres 29 e o sábado 30 de novembro ás 20:00 horas. A súa duración aproximada é de hora e media.
 

Saída micolóxica
A xornada dedicada á busca e identificación será o domingo 1 de decembro na Devesa de Agromaior a partir das 10:00 horas. Haberá dúas sesións de 30 participantes cada unha. Sesión de mañá: de 10 h a 14 h (as 30 primeiras inscricións).
Sesión de tarde: de 15.30 h a 19.30 h (as 30 inscricións seguintes). Punto de encontro da saída: Casa Común de Oza. A Burga de Xermeade será o punto final do percorrido. O traslado ao punto de inicio farase en autobús dende a Casa Común de Oza.

Inscricións
A participación é de balde. Para anotarse pódese obter o documento de solicitude premendo aquí ou ben recollelo na Oficina de Turismo do Concello. A inscrición hai que presentala no Rexistro Xeral do Concello, a través da sede electrónica municipal (https://sede.teo.gal) ou nos rexistros da Xunta, os rexistros SIR ou en rexistros de calquera oficina de Correos.
Só se poden anotar maiores de idade. Hai un límite de trinta prazas que se asignarán por orde de rexistro. O prazo para apuntarse remata o 22 de novembro