O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello solicita a paralización da actividade na Casalonga

| compartir:

O Departamento municipal de Urbanismo, dirixido por Uxía Lemus, dirixiuse por escrito á Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta para solicitar a inmediata paralización da actividade que está realizando a empresa Toysal na explotación da Casalonga.

Trátase dunha reiteración e a petición fundaméntase na “ausencia total de medidas de seguridade -valado, sinalización, vixilancia- nas instalacións onde actualmente se están a realizar perforacións e outras actividades mineiras”, afirma o documento remitido o 24 de outubro.

O goberno de Teo xa lle comunicara á Xunta uns días antes, o 16 de outubro, a situación de grave perigo para as persoas e para os bens que se estaba producindo pola falta de seguridade nos traballos. A día 24, o goberno galego aínda non respondera ao escrito, no que se requería tanto a anulación da aprobación do plan de labores para este ano e tamén o inicio dun expediente sancionador, así como a suspensión temporal da autorización para exercer a actividade na concesión.

Estrada municipal 

O plan de labores e o documento de seguridade e saúde non ten en conta a existencia da estrada de titularidade municipal que conecta a estrada provincial DP-0205 coa estrada N-550 no tramo que vai desde Santiago a Padrón. A estrada está considerada no Plan Xeral de Ordenación Municipal como sistema xeral e propiedade demanial do Concello, o que é primordial para delimitar as zonas de labores, o plan de voaduras e medidas de seguridade vinculadas ás actividades mineiras.

Consulta aquí o documento remitido á Dirección Xeral de Minas

canteira

Arquivos descargables