O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Conselleira de Educación visita as obras do CEIP da Ramallosa

| compartir:

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP da Ramallosa, en Teo, onde xa comezaron as obras de rehabilitación enerxética que suporán un investimento de preto de 715.000 euros por parte do Goberno galego. A esta visita asisitiron tamén o alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Educación, Maite Argibay. A edil de Educación aproveito ademais para falar co equipo directivo do centro.

Durante o encontro os representantes municipais achegáronlle a Camen Pomar a necesidade de realizar plans de reforma similares a este nos outros centros de educación e primaria do Concello, o de Calo e dos Tilos. Os tres centros son edificios con moito tempo de funcionamento e grandes necesidades de mellora.

A conselleira, que estivo acompañada do secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, salientou que as obras xa comezaron hai dúas semanas e desenvolveranse ao longo de dous meses e medio, aínda que o groso dos traballos se levarán a cabo no período estival e con todas as medidas de seguridade, polo que non lle van afectar ao inicio do curso escolar. Actualmente está rematando a colocación dos andamios para illamento da fachada e xa se están instalando falsos teitos e luminarias no interior das aulas. Prevese que o próximo mércores comecen os traballos de desmontaxe da cuberta.

A parte máis destacada é a de eficiencia enerxética, o que suporá, en palabras de Pomar, unha mellora do confort para o alumnado e o profesorado do centro, ao tempo que se acadaran importantes aforros no consumo de gas e electricidade.

Estes traballos abranguen a substitución da actual cuberta por outra de chapa de aceiro galvanizado con illante intermedio (tipo sandwich), o illamento da fachada mediante o sistema SATE, o illamento dos teitos das plantas superiores mediante lá de roca ou placas ríxidas de poliestireno, a substitución das actuais ventás por outras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre vidro baixo emisivo e a substitución de persianas por outras de aluminio con illante térmico interior, e as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética.

A maiores a rehabilitación complétase coa instalación de falso teito nas aulas, a reparación e pintado dos paramentos interiores segundo o estudo cromático elaborado polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), a substitución de portas interiores e a instalación dunha escaleira de emerxencia.

 

 

visita colexio Ramallosa