O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A carreira pedestre Batalla de Cacheiras celébrase o 13 de abril

| compartir:

A Carreira Pedestre conmemorativa da Batalla de Cacheiras celébrase este ano o sábado 13 de abril.
As carreiras escolares xa se disputarán pola mañá (10:30 h) nos Tilos. Pola tarde vanse desenvolver
a andaina (16:30 h) e a carreira (17:30 h) no percorrido de nove quilómetros polo trazado histórico
da contenda de 1846, que comeza en Bamonde e chega ata o cumio de Montouto.

Proba conmemorativa

A Carreira Pedestre da Batalla de Cacheiras conmemora os feitos de abril de 1846, moi determinantes
na historia posterior de Galicia. Enfrontáronse as tropas dos militares sublevados contra as enviadas
polo goberno. As rebeldes estaban comandadas polo coronel Solís, contrario ao réxime absolutista
do xeneral Narváez. Once dos insurrectos acabarían sendo executados en Carral o 26 de abril e outro en
Betanzos uns días despois. Son os chamados Mártires de Carral, recoñecidos posterioremente pola
súa loita a favor das liberdades.


Para divulgar estes feitos, na meta da Carreira Pedestre poderase ver unha exposición didáctica de material histórico, indumentaria da época e tamén personaxes caracterizados realizando patrullas.

Quen desexe participar nas probas, que organiza o Departamento de Deportes do Concello, pode inscribirse premendo aquí

Información sobre o regulamento da proba así como premios ou percorrido premendo aquí

carreira