O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Reunión informativa sobre o novo programa de estimulación cognitiva

O Concello de Teo e Agadea poñen en marcha un novo servizo de estimulación cognitiva. O mércores 13 ás 20:00 horas farase unha reunión informativa sobre este servizo na Casa Común de Cacheiras. O servizo comezará a funcionar a partir do 14 de marzo todos os martes e xoves de 16:00 a 19:00 horas na Casa Común de Cacheiras. Está dirixido a persoas que padezan calquera tipo de demencia, demencia tipo alzhéimer ou persoas que presenten un deterioro cognitivo e ten como obxectivo preservar as sús habilidade cognitivas e motoras. Para obter máis información pode dirixirse aos Servizos Sociais de Teo (981 809 707 / servizossociais@teo.gal)

estimulacion cognitiva
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento