O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

DESBROZADORA PARA MANTEMENTO MEDIOAMBIENTAL DO CONCELLO DE TEO

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 3 de maio de 2018 formalizouse o contrato do subministro "DESBROZADORA PARA MANTEMENTO MEDIOAMBIENTAL DO CONCELLO DE TEO" entreo Concello e a empresa adxudicataria.

Publicado no Perfil de Contratante o día 1 de abril de  2019.

 

 

Faise público que finalmente a mesa de contratación se reunirá o día 27 de marzo de 2018, ás 10:30 horas, para proceder a apertura do sobre C "Oferta económica e documentación para a valoración da proposición".

Publicado no Perfil do Contratante o día 23 de marzo de 2018.

 

A mesa de contratación na súa reunión do día 16 de marzo de 2018, acordou reunirse o día 22 de marzo de 2018, ás 10:00 horas, na Casa do Concello para proceder á apertura dos sobres B "Memoria técnica" en acto de carácter público.

Así mesmo, tamén acordou reunirse o día 22 de marzo de 2018, ás 10:30 horas, na Casa do Concello para proceder á apertura dos sebores C "Oferta económica e documentación para a valoración da proposición" en acto de carácter público.

Publicado no Perfil de Contratante o día 19 de marzo de 2018.

 

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de conformidade cos pregos que rexen a contratación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:

 

Presidente: O Alcalde ou concelleiro en quen delegue.

 

Vogais:

-D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello, ou funcionario/a que legalmente a substitúa.

-D.ª Mónica Lado Varela, interventora do Concello, ou funcionario/a que legalmente a substitúa.

-D. Xurxo Francos Liñares, concelleiro de servizos básicos. Suplente. D.ª Uxía Lemus de la iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

-D. Javier Conde Salgado, encargado de servizos básicos. Suplente: D. Jesús Rodríguez García, encargado da brigada de obras.

-María Vázquez Rey, concelleira do grupo municipal do PP. Suplente: M.ª Dolores Nariño Facal, concelleira do mesmo grupo municipal.

 

Secretario/a: D.ª Sandra García Chenlo, adxunta á secretaría xeral. Suplente: un funcionario/a municipal.

 

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A "Documentación" o día 16 de marzo de 2018, ás 09:45 horas nas dependencias municipais.

 

Publicado no Perfil do Contrantate o día 7 de marzo de 2018.

 

Por resolución da alcaldía de 09/02/2018 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, para o subministro de “DESBROZADORA PARA MANTEMENTO MEDIOAMBIENTAL DO CONCELLO DE TEO, de acordo coas seguintes características:

  • Entidade adxudicadora:

  • Organismo: Concello de Teo

  • Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral

  • Número de expediente: SB-1/2018

  • Obxecto do contrato: subministración de “desbrozadora para mantemento medioambiental” Código CPV: 16820000-9

  • Prazo de entrega: 2 meses desde o seguinte á formalización do contrato.

  • Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación ordinaria, procedemento aberto con varios criterios de adxudicación.

  • Orzamento: 51.183,00 (42.300,00 € + 8.883,00 € de IVE)

  • Clasificación e solvencia: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

  • Garantías: definitiva do 5% do importe de adxudicación.

  • Obtención de documentación: Concello de Teo, teléfono 981815700, páxina web www.teo.gal

  • Presentación de ofertas: Rexistro do concello de Teo e lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/15; Oficina de Correos: comunicación do envío, por medio de oficina de correos, ao nº de FAX do Concello: 981809401, ou ben á dirección de correo electrónico: secretaria@teo.gal

  • Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais desde o seguinte á última publicación, no BOP ou no DOG.

  • Documentación a presentar: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

  • Criterios de valoración:

               a. Oferta económica: ata un máximo de 30 puntos.

               b. Incremento do período mínimo de garantía: ata un máximo de 20 puntos.

  • Información adicional: secretaria@teo.gal

 

Teo, 12 de febreiro de 2018

O alcalde accidental

 

X. Ignacio Iglesias Villar

 

Publicado no DOG nº 34 e no BOP nº 33 do 16 de febreiro de 2018 e no Perfil do Contrantate o mesmo día.