O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de marzo

| compartir:

O mércores 29 de marzo celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Un dos puntos que se votarán será a liquidación definitiva do contrato do Concello de Teo coa empresa Aquagest/Viaqua. Esta liquidación recolle, en base ao  Auto número 168/2022 do Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Santiago, que a empresa ten que ingresarlle ao Concello 877.764 euros.

Na sesión tamén se votará a conformidade ao convenio de colaboración co Sergas que permitirá a construción dun novo centro de saúde na Ramallosa. 

Orde do día completa:

  1. Aprobación das actas das sesións ordinarias do 26/10/2022 e 30/11/2022.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 238/23 á Res 383/23).
  3. Dación de conta do cumprimento do artigo 104 Bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  4. Dación de conta do informe de morosidade e PMP 4º trimestre 2022.
  5. Dación de conta do informe de intervencióin de control interno do exercicio 2022.
  6. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de suplemento de crédito para afrontar as obras do Pirep.
  7. Ditame da proposta da alcaldía de liquidación definitiva do contrato do Concello de Teo coa empresa Aquagest/Viaqua en conformidade co Auto número 168/2022 do Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Santiago.
  8. Ditame da proposta de alcaldía de aprobación de convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Teo para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde.
  9. Mocións.
  10. Rogos e preguntas.
sesión plenaria