O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de marzo

| compartir:

Este mércores 1 de marzo celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 28/0972022.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 66/23 á Res 237/23).
  3. Proposta da alcaldía de toma de coñecemento da renuncia como concelleira de Dª Patricia Castelao.
  4. Proposición da alcaldía de ratificación decreto POS de 14.02.263 (Res 198/23).
  5. Proposición da alcaldía de ratificación do POS social de 14.02.2023(Res 197/23).
  6. Proposición da alcaldía de presentación de candidatura de renovación do Concello de Teo como cidade amiga da infancia.
  7. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de recoñecemento extraxudicial de crédito -REC 01/23.
  8. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de recoñecemento extraxudicial de crédito da liquidación da obra "Camiños escolares seguros" -REC 03/23.
  9. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE, de rexeitamento dun depósito municipal de vehículos abandonados na parcela da Casa Común de Lucí.
  10. Ditame da moción do grupo municipal do BNG, de oposición á instalación dun depósito municipal de coches na contorna da Casa Común de Lucí, e realización dun proxecto de esparcimento na  mesma.
  11. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE solicitando o cumprimento das rutas escolares en Teo por parte da Xunta e de Monbús.
  12. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre o impulso de medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galiza.
  13. Mocións.
  14. Rogos e preguntas.
Concello