O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cortes de tráfico o domingo 26 pola carreira O gran camiño

| compartir:

O domingo 26 de febreiro celébrase a proba ciclista "O gran camiño", nunha etapa que vai de Ames a Santiago e percorre boa parte do concello de Teo. Isto implicará o peche total das vías de comunicación polas que pasa a carreira dende as 11:00 ata as 15:00 horas.

PERCORRIDO DA CARREIRA (contrarreloxo) E CORTES DE TRÁFICO

  • A AGRELA (entrada dende a DP-0206)
  • REBORIDO (Rotonda do Gadis). A N-550 permanecerá cortada neste punto
  • RÚA DAS VIÑAS
  • ADRÁN: Cruce coa CP-8202 (Solláns- As Galanas), que permanecerá cortada neste punto
  • CARBALLAL: dende o cruce de Adrán ata o cruce de entrada ao Centro de Saúde
  • Estrada do Centro de Saúde (FOLGUEIRAS) ata SAN DOMINGO
  • SAN DOMINGO – MAZAS - CRUCE DE SOLLÁNS (A estrada Ponte Vea- Milladoiro permanecerá cortada neste tramo durante toda a proba)
  • CRUCE DE SOLLÁNS-AS LAXES- AS CRUCES – A IGREXA (Cacheiras) – RÚA FONTE DA ESTRELA (DP-8202 dende Solláns ata a AC-841, en Cacheiras)
  • TRAV. DE CACHEIRAS (dende o nº 43) -ROTONDA DO GRILO – TRAV. DE MONTOUTO (AC-841, que permanecerá cortada dende a rotonda da Farmacia ata Os Tilos).

As vías afectadas por este peche total son as que se marcan en azul na imase, o que afectará as comunicacións entre varias parroquias. Este peche farase dende as 11:00 ata as 15:00 horas. A etapa é unha contrareloxo polo que o corte de tráfico manterase en todo o tramo afectado durante a duración da proba.

mapa

Tamén podes consultar o mapa premendo aquí onde poderás amplialo.

gran camiño teo

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
NOTA INFORMATIVA o gran camiño 2.pdf 215.75 KB