Pleno extraordinario sorteo de membros de mesas electorais para as eleccións xerais do 23.07.2023

19-06-2023

Este xoves 22  de xuño celébrase a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación que se celebrará no Salón de Plenos da Casa Consistorial, ás 09:00 horas.

Poderase ver en directo a través da canle de Youtube do Concello premendo aquí.

Orde do día:

  1. Sorteo de membros de mesas electorais para as eleccións xerais do 23/07/2023.



Volve Música na noite a Calo o 8 de xullo

09-06-2023

O festival Música na noite, organizado pola Asociación Lúa Chea, volve ao campo de San Domingo (Calo) o 8 de xullo. A música folk e rock galega encherá de novo este mítico escenario. Música na noite naceu no 87 e celebrouse durante 10 anos impulsado sempre dende o asociacionismo, grazas á asociación Lúa Chea. No ano 2008 recupérase en colaboración co Concello de Teo ata o ano 2020 cando a pandemia obrigou de novo a facer unha paréntese.