A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” xa está na Praza dos Encontros da Ramallosa

31-08-2023

Hoxe comenzou o programa "Coidados porta a porta" da Xunta de Galicia. Ademáis de hoxe este servizo, estará os días 1 e 4 de setembro ao dispor da veciñanzas. Nestes tres días xa ten citados a preto de 100 veciños, pero os maiores que estean interesados aínda poden pedir cita no teléfono 622 748 283, ou ben no enderezo de correo electrónico  coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.



O Concello organiza unha excursión para maiores a Samos e ao Cebreiro.

25-08-2023

O Concello de Teo, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Familia, Infancia, 3ª Idade e Relacións Veciñais, informa que o vindeiro día 23 de setembro ten programada unha excursión ao Mosteiro de Samos e ao conxunto etnográfico de O Cebreiro destinada a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Teo, con preferencia para a xente xubilada. As prazas son limitadas (100 prazas) e completaranse por orde de inscrición. O prazo para anotarse será do 4 ao 15 de setembro.


A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” estará na Praza dos Encontros da Ramallosa, os días 31 de Agosto e o 1 e 4 de Setembro

22-08-2023

O Concello de Teo, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Familia, Infancia, 3ª Idade e Relacións Veciñais, informa de que os vindeiros días 31 de Agosto e o 1 e 4 de Setembro, na plaza dos Encontros ( Ramallosa ), onde a EIM e a piscina cuberta se instalará unha unidade móbil do programa “Coidados porta a porta”.


Acto oficial de homenaxe a Ánxel Casal e a todas as vítimas da Guerra Civil española.

21-08-2023

Acto oficial de homenaxe a Ánxel Casal e a todas as vítimas da Guerra Civil española.

O acto consistiu en varias pezas musicais interpretadas por gaiteiros do Concello de Teo, ofrenda floral e minuto de silencio en respecto a todas as vítimas. O acto foi encabezado pola alcaldesa de Teo e tamén contou coa asistencia de concelleiros do PP e do BNG da Corporación teense, ademais de contar coa presenza da alcaldesa de Santiago de Compostela e concelleiros do PP e do PSOE da Corporación veciña.





Parte o campamento xuvenil cara Oleiros

01-08-2023

Esta mañá fixo a saída o grupo do campamento xuvenil cara Santa Cruz de Oleiros. Os rapaces e rapazas foron despedidos polos pais e nais e tamén estivo na foto de familia a alcaldesa, Lucía Calvo, e os concelleiros de Deportes e Mocidade, Gelucho Gómez, e de Servizos Sociais e Familia, Juan Jesús Cerqueiro, e de Cultura, Margarita Rosende. O campamento, no que finalmente participan 84 nenos/as de idades entre os 13 e os 17 anos, durará ata o día 9 de agosto.