Sométese a exposición pública o Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello

Arquivos
pmus_Teo.pdf14.17 MB

O Concello de Teo publica o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e abre un período de exposición pública ata o 30 de abril. As persoas interesadas en achegar as súas suxerencias e comentarios sobre este documento poden remitilas por correo electrónico a urbanismo@teo.gal

Tras meses de traballo nun Plan de Mobilidade urbana Sostible do Concello de Teo, chega o momento da súa exposición pública para que a veciñanza coñeza, valore e aporte o seu punto de vista sobre este documento.

O PMUS de Teo pretende ser, seguindo o indicado polo IDAE, "un conjunto de actuaciones que tienen como objetivo la implantación de formas de desplazamiento más sostenibles (caminar, bicicleta y transporte público) dentro de una ciudad; es decir, de modos de transporte que hagan compatibles crecimiento económico, cohesión social y defensa del medio ambiente, garantizando, de esta forma, una mejor calidad de vida para los ciudadanos."

O obxectivo último deste plan é dar continuación a una análise profunda da mobilidade no noso concello, dos seus problemas, das súas posibilidades de mellora, e con este documento como referencia, seguir traballando na consecución de fondos supramunicipais para estas medidas.

O prazo de exposición remata o 30 de abril. As suxerencias e comentarios a este documento deberán ser remitidos por correo electrónico a urbanismo@teo.gal.