Verán deportivo xullo 22

Data presentación
Data presentación fin

AVISO. 

A Concellaría de Deportes informa que todas as persoas inscritas están aceptadas na actividade que sinalaron. Xa se lles enviou un correo electrónico informándolle desto e indicando o prazo de pagamento que remata o 8 de xullo e o modo de formalizalo. Deben remitir o xustificante de pago a deportes@teo.gal unha vez realizado. 

Tamén destacamos que sigue habendo prazas na maioría das actividades así que as persoas interesadas poden seguir anotándose entregando a ficha de inscrición no Rexistro xeral ou por sede electrónica. 

Publicado en teo.gal o 29 de xuño de 2022. 

Deportes oferta actividades deportivas para o mes de xullo dirixidas a público maior de dez anos. 

As propostas serán as seguintes: 

  • Caiac o 11 de xullo para miaores de 10 anos. Na Burga de Xermeade ás 16:30 h. 
  • Ráfting o 20 de xullo para mioares de 10 anos. En Carcacía ás 16:30 h.  
  • Workout (Calistenia) os martes e xoves do mes de xullo a partir das 19:00 h. para maiores de 12 anos. Parque de Calistenia dos Tilos. 
  • Street footbal o 21 de xullo na piscina de Luou e o 28 de xullo na piscina dos Tilos a partir das 18:00 h.  Para maiores de 10 anos. 
  • Natación para nenos/as de 5 a 15 anos. Os martes e xoves a partir das 12:00 h na piscina dos Tilos e os luns e mércores de 16:45 a 17:45 na piscina de Luou. 

Inscricións do 13 ao 27 de xuño no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica do Concello presentando a ficha de inscrición que podes consultar aquí

Consulta a información sobre os custes das actividades así como outros datos premendo aquí

veran deportivo