Teo Madruga 2020-21 e Teo Madruga Tilos 2

Data presentación
Data presentación fin

INFORMACIÓN

  • Inscrición: A partir do 28 de agosto
  • Participantes: Alumnado dos centros públicos do Concello.
  • Lugar de realización: Nos  colexios de Calo, A Ramallosa  e OsTilos.
  • Horario: De 07:30 h ata o comezo das clases.
  • Prezos:

Usuarias/os fixas/os:

a) Con utilización do servizo todos os días: pagarán unha cota mensual de 40 € para o servizo de gardaría e de 50 € no caso de gardaría e almorzo. Podes descargar a folla de autoliquidación das taxas premendo aquí

b) Con utilización do servizo por días soltos, o custo será do 25% para cada día, da cota que lle correspondería do prezo mensual para todos os días lectivos

                - 1 día: 12,5 € con almorzo e 10 € sen almorzo

                - 2 días: 25 € con almorzo e 20 € sen almorzo

                - 3 días: 37,5 € con almorzo e 30 € sen almorzo

                - 4 días: 50 € con almorzo e 40 € sen almorzo

Usuarias/os ocasionais: pagarán 4 €/día polo custo do servizo de gardaría e almorzo e de 3,5 €/día polo servizo de gardaría. Neste caso non se aplicarán as exencións e bonificacións, excepto que Servizos Sociais de Teo informe de xeito excepcional da incapacidade económica da unidade familiar. Haberá que informar o día anterior, ou se non pode ser, o máis axiña posible,  no teléfono 677 555 748 (tamén por WhatsApp).

Exencións e bonificacións:

Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exencións: A emisión dun informe social do Departamento de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do servizo, determinará a bonificación do 100% da cota.

2.- Bonificacións:

- Cando asistan ao mesmo servizo varios/as irmáns/ás de xeito simultáneo, o segundo irmán/á e sucesivos terán un desconto do 25%.

- As usuarias e usuarios que pertenzan a familias numerosas segundo a definición da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familiar numerosas, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do corresponde título de familia numerosa.

- Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 50% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

- Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 25% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

- Cando as usuarias e usuarios  pertenzan a familias monoparentais, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Deberán presentar a certificación de monopartentalidade.

Normas de xestión e ingreso

.- As/os usuarias/os fixas/os deberán solicitar a correspondente alta no servizo, e ingresar, dentro dos dez días seguintes, a cantidade mensual correspondente en concepto de cota do mes corrente, de acordo coas contías previstas no apartado anterior. As cotas mensuais posteriores deberán ser ingresadas dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes.

En caso de que a solicitude de alta tivera lugar máis alá do día quince de cada mes, a primeira cota mensual que se debe abonar reducirase nun 50%.

Actividades:

As actividades que desenvolverán os/as monitores/as no tempo de lecer son as seguintes:

- Actividade de videoteca/biblioteca

- Xogos cooperativos

- Xogos de mesa

- Actividades deportivas e de lecer.

Teo Madruga. Tilos 2 

Dende Benestar tamén se oferta un servizo de conciliación no colexio dos Tilos en horario de 14:00 a 15:30 horas. As condicións do servizos son as mesmas que rexen para o servizo Teo madruga das mañás nos colexios. 

Podes descarga a ficha para o usuario de tarde nos Tilos fixo premendo aquí ou se é ocasional premendo aquí.  

Este servizo de mediodía só se oferta no colexio dos Tilos. 

Descarga aquí a folla de autoliquidación das taxas por actividades educativas e de conciliación. 

MÁIS INFORMACIÓN:  CONCELLO DE TEO  – CIM  981 938475

BOP do 7 de marzo de 2016, do 19 de febreiro e do 2 de decembro de 2016