Teo Coida Tilos. Con servizo de comedor.

Data presentación
Data presentación fin

O Concello, a través do Departamento de Benestar, oferta o servizo de conciliación nos Tilos de tarde. Durante os meses de maio e xuño de 2021 este servizo terá tamén a posibilidade de xantar. Deste xeito o horario será de 14:00 ata as 17:00 horas con servizo de comedor e só ata as 15:30 se a opción escollida é sen xantar. 

  • InscriciónA partir do 26 de abril de 2021. 
  • Participantes: Alumnado do CEIP dos Tilos.
  • Lugar de realización: Colexio dosTilos.
  • Horario: Con comedor de 14:00 a 17:00 e Sen comedor de 14:00 a 15:30 horas. 
  • Prezos: Só atención educativa: 2 euros/por día. Servizo completo (inclúe xantar): 3.5 euros/por día. 

A data prevista para comezar este servizo con comedor é o 3 de maio polo que a inscrición inicial irá do día 26 ao 29 de abril entregando a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede electrónica. 

O remate do servizo será o último día lectivo do curso. 

Contémplase a posibilidade de usuarios/as fixas que fagan uso do servizo de días concretos de cada semana. Non se contemplan usuarios/as ocasionais para o servizo que inclúa o xantar. En caso de necesitar servizos puntuais consulten dispoñibilidade. 

Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exencións: A emisión dun informe social do Departamento de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do servizo, determinará a bonificación do 100% da cota.

2.- Bonificacións:

- Cando asistan ao mesmo servizo varios/as irmáns/ás de xeito simultáneo, o segundo irmán/á e sucesivos terán un desconto do 25%.

- As usuarias e usuarios que pertenzan a familias numerosas segundo a definición da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familiar numerosas, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do corresponde título de familia numerosa.

- Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 50% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

- Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 25% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

- Cando as usuarias e usuarios  pertenzan a familias monoparentais, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Deberán presentar a certificación de monopartentalidade.

Normas de xestión e ingreso

- As/os usuarias/os fixas/os deberán solicitar a correspondente alta no servizo, e ingresar, dentro dos dez días seguintes, a cantidade mensual correspondente en concepto de cota do mes corrente. As cotas mensuais posteriores deberán ser ingresadas dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes.

En caso de que a solicitude de alta tivera lugar máis alá do día quince de cada mes, a primeira cota mensual que se debe abonar reducirase nun 50%.

Descarga aquí a folla de autoliquidación das taxas por actividades educativas e de conciliación. 

MÁIS INFORMACIÓN:  CONCELLO DE TEO  – CIM  981 938475 ou no correo: practicascim@teo.gal

BOP do 7 de marzo de 2016, do 19 de febreiro e do 2 de decembro de 2016