Teo coida en Calo. Servizo de conciliación de tarde.

Data presentación
Data presentación fin

O Concello pon en marcha un servizo de conciliación de tarde no colexio de Calo. Faixe de xeito experimental neste centro xa que nos outros dous CEIPs neste momento non se dan as circunstancias ou a demanda para poder realizalo. En caso de que sexa viable e necesario estudarase a implantación noutros centros. 

Ficha de inscrición para o usuario fixo de tarde

Ficha de inscrición para o usuario ocasional de tarde

INFORMACIÓN

  • Inscrición: A partir do 26 de outubro
  • Participantes: Alumnado do CEIP de Calo
  • Lugar de realización: No  colexio de Calo
  • Horario: De 15:30 h ata as 18:00 horas
  • Prezos:

Usuarias/os fixas/os:

a) Con utilización do servizo todos os días: pagarán unha cota mensual de 40 € para o servizo de gardaría. Podes descargar a folla de autoliquidación das taxas premendo aquí

b) Con utilización do servizo por días soltos, o custo será do 25% para cada día, da cota que lle correspondería do prezo mensual para todos os días lectivos.

Usuarias/os ocasionais: pagarán 4 €/día polo custo do servizo de gardaría. Neste caso non se aplicarán as exencións e bonificacións, excepto que Servizos Sociais de Teo informe de xeito excepcional da incapacidade económica da unidade familiar. 

Exencións e bonificacións:

Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto anterior, aplicaranse os seguintes descontos:

1.- Exencións: A emisión dun informe social do Departamento de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do servizo, determinará a bonificación do 100% da cota.

2.- Bonificacións:

- Cando asistan ao mesmo servizo varios/as irmáns/ás de xeito simultáneo, o segundo irmán/á e sucesivos terán un desconto do 25%.

- As usuarias e usuarios que pertenzan a familias numerosas segundo a definición da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familiar numerosas, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do corresponde título de familia numerosa.

- Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 50% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

- Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 25% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

- Cando as usuarias e usuarios  pertenzan a familias monoparentais, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Deberán presentar a certificación de monopartentalidade.

Normas de xestión e ingreso

.- As/os usuarias/os fixas/os deberán solicitar a correspondente alta no servizo, e ingresar, dentro dos dez días seguintes, a cantidade mensual correspondente en concepto de cota do mes corrente, de acordo coas contías previstas no apartado anterior. As cotas mensuais posteriores deberán ser ingresadas dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes.

En caso de que a solicitude de alta tivera lugar máis alá do día quince de cada mes, a primeira cota mensual que se debe abonar reducirase nun 50%.

Máis información no teléfono 981.809.707