Solicitudes cacharelas de San Xoán

Data presentación
Data presentación fin
Arquivos

Que, durante o mes de xuño pódense presentar as solicitudes de cacharelas de San Xoán que deberán presentarse nas oficinas xerais do concello antes das 14:00h  do 22 de xuño.

Establécense as seguintes NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA AS FOGUEIRAS:

1ª) O solicitante será o responsable do cumprimento das presentes normas

2ª) O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura.

3ª) A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores serán como mínimo de 12 metros

4ª) Terase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que non arredores non exista ningún local no que se almacenen productos inflamabeis.

5ª)Prohibirase a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera sustancia que ó arder desprenda fume tóxico.

6ª) En ningún caso  se botarán ó lume recipientes que conteñan líquidos inflamabeis ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

7ª) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público enlousados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, alomenos, 10 cms.

8ª) Ó finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden  totalmente apagadas e comprométese  a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.