Data presentación
Data presentación fin
Arquivos
As solicitudes para a realizar unha cacharela pódense entregar no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica entre o 1 e o 21 de xuño de 2022.
Podes descargar aquí o formulario de solicitude.
A solicidude debe cubrirse cos datos persoias e indicar o lugar de realización da cacharela.
Lémbranse as normas de obrigado cumprimento para as fogueiras de San Xoán:
- A persoa solicitante será responsable do cumprimento das presentes normas.
- O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura.
- A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores será como mínimo de 12 metros
- Terase especial coidado de non situar as fogueiras baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.
- Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
- En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.
- No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público de lousa, as persoas organizadoras encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, cando menos, 10 cms.
- Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, as persoas responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométense a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.