SERVIZO DE CAMPAMENTOS DE VERÁN

Data presentación
Data presentación fin

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 29 de maio de 2019 formalizouse o contrato para a prestación do servizo "CAMPAMENTOS DE VERÁN. CONCELLO DE TEO" entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicouse no Perfil de Contratante o día 1 de abril de 2019 e no BOP nº 72, do 15 de abril de 2019.

 

Faise público que a mesa de contratación reunirase o vinderio xoves día 12 de abril de 2018, ás 09:30 horas, para proceder á dación de conta da apertura dos sobres B "Proxecto técnico" e para a apertura dos sobres C "Proposición económica" nas dependencias municipais en acto de carácter público.

Publicado no Pefil do Contratante o día 9 de abril de 2018.

 

Faise público que a mesa de contratación reunirase o vindeiro día 28 de marzo de 2018, ás 09:30, para proceder á apertura dos sobres B "Proxecto técnico" nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil do Contratante o día 23 de marzo de 2018.

 

Faise público que finalmente a mesa de contratación se constituirá para a apertura do sobre A "Documentación"  o día 21 de marzo de 2018, ás 13:00 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil de Contratante o día 19 de marzo de 2018.

 

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de acordo cos pregos que rexen a contratación, a mesa de contratación estará constituída do modo seguinte:

 

- Presidente: alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa.

- Vogais:

          - D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello de Teo.

          - D.ª Mónica Lado Varela, interventora do concello de Teo.

          - D. Ignacio Iglesias Villar, concelleiro de Benestar Social e Igualdade.

          - D. Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do Grupo Mixto.

- Secretaria: D.ª Sandra M.ª García Chenlo, adxunta á secretaría do concello de Teo.

 

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; o concelleiro de benestar social e igualdade, por D.ª María del Pilar Pérez Fagil, concelleira de educación e a secretaria da mesa por un/unha funcionario/a muncipal.

Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A "Documentación" o día 19 de marzo, ás 09:30 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil de Contratante o día 9 de marzo de 2018.

 

Por resolución da alcaldía de 09/02/2018 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, para a adxudicación do servizo de CAMPAMENTOS DE VERÁN. CONCELLO DE TEO, polo que se de acordo coas seguintes características:

  • Entidade adxudicadora:

  • Organismo: Concello de Teo

  • Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral

  • Número de expediente: S-1/2018

  • Obxecto do contrato: contrato de servizos para organización de campamentos de verán. Código CPV: 92300000-4

  • Duración: dous anos, prorrogable por anos, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.

  • Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación ordinaria, procedemento aberto con varios criterios de adxudicación.

  • Tipo de licitación:

  • Valor estimado do contrato: 174.600,00 €

  • Prezo base de licitación: 48.015,00€ anuais (43.650,00 € anuais máis 4.365,00 anuais de IVE)

  • Clasificación e solvencia: ver cláusula 7.C do prego de cláusulas administrativas.

  • Garantías: definitiva do 5% do importe de adxudicación.

  • Obtención de documentación: Concello de Teo, teléfono 981815700, páxina web www.teo.gal

  • Presentación de ofertas: Rexistro do concello de Teo e lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/15; Oficina de Correos: comunicación do envío, por medio de oficina de correos, ao nº de FAX do Concello: 981809401, ou ben á dirección de correo electrónico: secretaria@teo.gal

  • Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais desde o seguinte á última publicación, no BOP ou no DOG.

  • Documentación a presentar: ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas.

  • Criterios de valoración:

               a. Proposición económica: ata un máximo de 40 puntos.

               b. Proxecto técnico: ata un máximo de 50 puntos.

               c. Melloras directamente avaliables: ata un máximo de 15 puntos.

  • Información adicional: secretaria@teo.gal

 

Teo, 9 de febreiro de 2018

O alcalde accidental

 

X. Ignacio Iglesias Villar

Publicouse no DOG nº 33 e no BOP nº 32 do 15 de febreiro de 2018 e no Perfil do Contratante o mesmo día.