RESULTADOS DO SEGUNDO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DE OFICIAL ELECTROMECÁNICO PARA AUGAS DE TEO, PROPOSTA DE CONTRATACIÓN E LISTAXE DE SUBSTITUCIÓN

Publícanse os resultados do segundo exercicio (práctico) do proceso selectivo dun/ha oficial electromecánico/a para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo, así como a proposta de contratación e a listaxe de substitución.

Consulte aquí o documento.  

Publicado en teo.gal o 17 de agosto de 2016

 

Publicacións previas: 

Publícase a anulación de pregunta do primeiro exercicio (test) da fase de oposición do procedemento para provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun/dunha oficial electromecánico/a para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo, así como a nova puntuación.

Consulte aquí o documento.

Publicado en teo.gal o 4 de agosto de 2016.

 

Publícase a plantilla (exame corrixido) do primeiro exercicio (test de 50 preguntas) para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun/ha oficial electromecánico/a para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo. 

Consulte aquí o documento.  

Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2016. 

 

Publícanse os resultados do primeiro exercicio (test) da fase de oposición para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun/ha oficial electromecánico para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

Consulte aquí o documento.

Os aspirantes quedan convocados para a celebración do segundo exercicio (proba práctica) o vindeiro xoves 11 de agosto ás 9:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa.

Publicado en teo.gal o 22 de xullo de 2016. 

 

Publícase o listado definitivo de valoración de méritos das persoas aspirantes para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun oficial electromecánico para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo, despois de que o tribunal cualificador resolva dúas alegacións presentadas.

Consulte aquí o documento.

Publicado en teo.gal o 19 de xullo de 2016.

 

Publícase o listado definitivo de valoración de méritos dos aspirantes para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun oficial electromecánico para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

Consulte aquí o documento.

De acordo co previsto nas bases, convócase aos aspirantes á celebración do primeiro exercicio (tipo test) ás 13:00 horas do martes 19 de xullo de 2016, no local social da Ramallosa (Rúa da Lagoa, 2). 

Os/as aspirantes deberán vir provistos/as do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. 

Teo, 15 de xuño de 2016.

Publicado en teo.gal o 15 de xuño de 2016.

 

Publícanse os resultados da valoración de méritos realizada polo tribunal cualificador para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun oficial electromecánico para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

Consulte aquí o documento cos resultados

A presente valoración faise pública, publicándose no taboleiro de anuncios do concello na web municipal. Os aspirantes disporán de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente documento, para presentar alegacións, se así o estiman.

Teo, 3 de xuño de 2016

A secretaria do tribunal cualificador.

Publicado en teo.gal o 3 de xuño de 2016