Resultados comisión baremación escolas infantís (decembro) e prazo de matrícula

Data presentación
Data presentación fin

Publícas a información sobre as listaxes actualizadas no mes de decembro 2019 de solicitudes admitidas e adxudicación de prazas nas EIMs. 

Consulta aquí a listaxe actualizada (decembro 19)

Descarga aquí o impreso de matrícula. 

  1. Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula no período indicado, de non ser así perderíase a praza.
  2. O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios e no rexistro xeral do concello.
  3. O prazo de presentación de matrícula está aberto do día 23 de decembro de 2019 ao 15 de xaneiro de 2020, ambos incluídos.
  4. As persoas que eran solicitantes de varios centros, e non conseguiron praza na súa opción preferente, aparecerán nas distintas listaxes indicando no seu caso se conseguen praza nunha opción non preferente. Non obstante unha vez confirmada unha adxudicación de praza nun centro, soamente poderán permanecer na listaxe de agarda dese mesmo centro en horario distinto ao concedido.
  5. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non esquezan cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.
  6. O horario no que debe efectuarse a matrícula debe corresponderse co horario concedido nas listaxes definitivas. Se resulta necesario reaxustar este horario deben terse en conta, na medida do posible, os seguintes aspectos:
  • Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas)
  • Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas)
  • Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación: Almorzo: 7:30 a 9:00 horas; Xantar: 12:30 a 14:00 horas e Merenda: 17:30 a 18:30 horas. O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.