Resultado do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico de turismo

Data presentación
Data presentación fin

Realizada e corrixidas as probas escritas incluídas na fase de oposición do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo, publícase o resultado das mesmas que podes consultar premendo aquí

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á alcaldía a contratación de Dna. Liduvina L. Campoamor Sánchez como técnica de turismo para o Concello de Teo.

No caso de renuncia á contratación pola súa parte, ou no caso de que non poida acreditar os requisitos necesarios, a proposta de contratación será a favor da seguinte aspirante con maior puntuación total e así sucesivamente.

Pubicado en teo.gal o 30 de setembro de 2020. 

Reunido o tribunal para a contratación laboral–temporal dun/ha técnico de turismo para o Concello de Teo, de acordo coa subvención concedida ó efecto pola Deputación da Coruña, e realizadas as valoracións dos méritos presentados, publícase o resultado da baremación.

Consulta aquí o resultado da baremación

O tribunal acorda emprazar ás persoas candidatas na Casa Común de Oza, para a celebración da fase de oposición, o martes día 29 de setembro ás 16.00 horas.

As/os candidatas/os deberán presentar o documento de identidade para a súa identificación.

Tal e como se establece na base sétima, para participar na fase de oposición será imprescindible, no momento do acceso ás instalacións onde se realizará a proba, a entrega do Anexo IV asinado pola persoa aspirante. Aquelas persoas que entregaran este documento coa solicitude deberán entregalas novamente, debidamente cuberto e asinado coa data actualizada.

Publicado en teo.gal o 25 de setembro de 2020

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como técnico/a de turismo para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a listaxe completa 

Co obxecto de valorar a fase de concurso, os membros do tribunal, quedan convocados para o xoves 17 de setembro ás 09:00 horas na Casa Consistorial. 

Publicado en teo.gal o 16 de setembro de 2020 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dunha persoa como técnico/a de turismo para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista provisional completa

Os/as aspirantes excluídos/as, ou os/as omitidos/as, na relación de persoas admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente na web e no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. O prazo de subsanación irá do sábado 12 ao luns 14 de setembro. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoa admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 11 de setembro de 2020. 

O BOP número 124 do 6 de agosto de 2020 publica o anuncio para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo xunto coas bases completas da convocatoria. 

Consulta as bases completas da convocatoria premendo aquí

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo. Parte desta contratación está subvencionada, cunha contía de 16.641,52€, pola Deputación Provincial de A Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2020, publicado no BOP nº 13, do 21 de xaneiro de 2020.

O contrato efectuarase a tempo completo, cunha duración de seis meses, e baixo a modalidade dun contrato temporal eventual por circunstancias da produción (mod.402). A persoa seleccionada incorporarase na área de Desenvolvemento Local e Turismo, dende a que se articularán e coordinarán as funcións propias do posto de traballo.

As funcións do posto de traballo son, entre outras, as seguintes: atención ao público; dar resposta á información turística demandada polas persoas usuarias; planificar a estratexia turística municipal; preparación e difusión do material promocional turístico; colaborar no deseño, contidos e actualización da sección turística da páxina web e redes sociais municipais; colaborar e participar nas solicitudes de declaración de festas, lugares e monumentos de interese turístico; deseñar e programar xornadas turísticas; organizar e levar a cabo visitas guiadas ao puntos de interese turístico do Concello; colaborar e participar na organización de actividades de dinamización turística no territorio: Eventos, campañas de promoción, feiras, xornadas enogastronómicas, etc; eealizar unha memoria final das actividades realizadas durante o periodo de vixencia do contrato, que será entregada á persoa encargada da área, á finalización do mesmo. A xornada laboral será de 37 horas e media semanais de luns a domingo e cos descansos semanais legalmente previstos.

Prazo de presentación de instancias:

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina web do Concello (www. teo.gal), no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/), no seu taboleiro de anuncios e no BOP. As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de dez (10) días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (aedl@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias. No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Técnico/a de Turismo 2020.

Si o último día de presentación das solicitudes recae en día inhábil, o prazo entenderase ampliado ata o día hábil seguinte.

O anuncio publicouse no BOP o 6 de agosto polo que o prazo de presentación de instancias remata o 20 de agosto. 

Consulta aquí as bases da convocatoria

Publicado en teo.gal o 6 de agosto de 2020. 

Publícase a convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo. Parte desta contratación está subvencionada, cunha contía de 16.641,52€, pola Deputación Provincial de A Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2020, publicado no BOP nº 13, do 21 de xaneiro de 2020.

O contrato efectuarase a tempo completo, cunha duración de seis meses, e baixo a modalidade dun contrato temporal eventual por circunstancias da produción (mod.402). A persoa seleccionada incorporarase na área de Desenvolvemento Local e Turismo, dende a que se articularán e coordinarán as funcións propias do posto de traballo.

De acordo co establecido nas Bases, o prazo para a presentación de instancias será de dez (10) días, a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP.

Consulta aquí as bases completas 

Publicado en teo.gal o 3 de agosto de 2020.