Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de cinco persoas para levar a cabo o “Programa de inserción laboral de persoas perceptoras da RISGA no Concello de Teo.
Os postos ofertados para o Concello de Teo son:
- 2 xardineiros/as
- 2 operarios/as de limpeza
- 1 auxiliar administrativo/a
Publicado en teo.gal o 10 de xuño de 2019.
Publícase a valoración dos méritos para os postos convocados e o chamamento para a proba práctica de cada procedemento. Podes ver aquí a resolución do tribunal.
Publicado en teo.gal o 07/07/2019
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de cinco persoas para levar a cabo o “Programa de inserción laboral de persoas perceptoras da RISGA no Concello de Teo”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ao abeiro da Orde de 12 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA (DOG nº 6 de 9 de xaneiro de 2019)
A contratación efectuarase a tempo parcial, cunha xornada semanal de 30 horas. Os contratos terán, en todos os casos, unha duración de nove (9) meses e están subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo por importe de 81.736,65 € para financiar na súa totalidade os custos de seguridade social e os custos salariais do referido persoal.
As persoas seleccionadas incorporaranse nos correspondentes Servizos do Concello, tal e como se reflexa na memoria que acompaña a solicitude de subvención.
Os postos para o Concello de Teo son:
- 2 xardineiros/as
- 2 operarios/as de limpeza
- 1 auxiliar administrativo/a
Pódese consultar a listaxe de persoas admitidas aquí.
Publicado o 06/06/2019 en www.teo.gal