Resultado do proceso de selección de oficial de primeira de albanelería. Pel Reactiva 2021

Data presentación
Data presentación fin

Realizada a proba práctica do proceso selectivo para a contratación laboral-temporal de dúas persoas como oficial de primeira de albanelería para o Concello de Teo publícase o resultado e a proposta de contratación. 

Consulta aquí o resultado da proba práctica. 

Publicado en teo.gal o 27 de abril de 2021. 

Reunido o tribunal para a contratación laboral-temporal de dúas persoas como oficial de primeira de albanelería para o Concello de Teo, de acordo coa subvención concedida ao efecto pola Deputación de A Coruña, e realizadas as valoracións dos méritos presentados publícanse o listado e a data da proba práctica. 

Consulta aquí o resultado da baremación

O tribunal acorda emprazar ás persoas aspirantes, na Casa Común de Oza (Ribas nº 12-Oza), o martes 27 de abril de 2021 ás 13:00 horas para a realización da proba práctica. 

Publicado en teo.gal o 22 de abril de 2021. 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un posto de oficial de primeira de albanelería para o Concello de Teo. Pel Reactiva Concellos. 

Consulta aquí a lista definitiva

Convócase ao tribunal para o mércores, día 21 de abril, ás 09:00 horas co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes. 

Publícase en teo.gal o 20 de abril de 2021. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de oficiais de 1º de albanelería para o Concello de Teo (Pel Reactiva Concellos)

Consulta aquí a lista provisional completa

As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. 

De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 16 de abril de 2021

O BOP número 64 do xoves 8 de abril publica a convocatoria do proceso selectivo para cubrir dous postos de albanelería cun contrato temporal de 8 meses de duración a xornada completa. Esta convocatoria realízase ao abeiro do programa PEL Concellos Reactiva 21, cofinanciado pola Deputación da Coruña. 

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal na categoría de albanel, oficial de primeira, subgrupo C2, mediante o sistema de concurso - oposición, de dúas persoas desempregadas para levar a cabo os traballos de albanelería contemplados no proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques, camiños e xardíns”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ó abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do “Programa PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, de integración laboral mediante a contratación de persoal en risco de exclusión social para a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, incluído na liña 1.1 do plan de emprego local 2021” (BOP nº 210, de 09/12/2020).

As persoas seleccionadas incorporaranse no departamento municipal de obras. A modalidade contractual será a dun contrato temporal de traballos de interese social/fomento do emprego agrario.

Podes consultar aquí as bases completas da citada convocatoria

Podes descargar aquí a instancia de solicitude para participar no proceso selectivo

As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
• Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
• Maiores de 45 anos.
• Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
• Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior ao 33%.
• Persoas en situación de drogodependencia.
• Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
• Persoas con fogar monoparental/monomarental.
• Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
• Persoas vítimas de violencia de xénero.
• Persoas sen fogar.

Prazo para participar no proceso selectivo: 

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de cinco (5) días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (aedl@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias. No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Albaneis 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será do 9 ao 15 de abril de 2021, ambos incluídos. 

Para consultar os requisitos que deben cumprir as persoas aspirantes así como a documentación que teñen que achegar coa instancia deben consultar as bases completas premendo aquí

Publicado en teo.gal o 8 de abril de 2021