Publícase a baremación realizada polo tribunal para a contratación laboral-temporal de dúas persoas como traballadoras forestais para o Concello de Teo, de acordo coa subvención concedida ao efecto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Consulta aquí o resultado da baremación e proposta de contratación
Unha vez realizada a baremación realízase a proposta de contratación de Dª Amparo Iglesias Barreiro e Dº Ángel Rial Torres como traballadores forestais para o Concello de Teo.
Publicado en teo.gal o 1 de xullo de 2020
Publícase a listaxe de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación laboral temporal, por un período de 9 meses, mediante concurso, de dúas persoas como traballadoras forestais para o Concello de Teo.
Consulta aquí a listaxe completa de persoas admitidas e excluídas.
Esta selección realízase ao abeiro do programa Aprol Rural da Xunta de Galicia.
Convócase ao tribunal para o mércores día 1 de xullo ás 10:30 horas co obxecto de proceder á baremación de méritos achegados polos/as aspirantes.
Publidado en teo.gal o 30 de xuño de 2020.