Resultado comisión baremación escolas infantís (setembro 2019). Prazo de matrícula.

Data presentación
Data presentación fin

Unha vez realizada a comisión de baremación das escolas infantís de setembro publícase o resultado de adxudicación de prazas. 

Consulta aquí as listaxes actualizadas (setembro 2019) nos tres centros públicos, Os Tilos, Calo e A Ramallosa

Información sobre as listaxes actualizadas no mes de setembro-2019 de solicitudes admitidas e adxudicación de prazas nas EIMs. 

  1. Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula no período indicado, de non ser así perderíase a praza.
  2. O impreso de matrícula está á súa disposición premendo aquí, nos servizos sociais comunitarios e no rexistro xeral do concello.
  3. O prazo de presentación de matrícula está aberto do día 16 de setembro ao 4 de outubro, ambos incluídos.
  4. As persoas que eran solicitantes de varios centros, e non conseguiron praza na súa opción preferente, aparecerán nas distintas listaxes indicando no seu caso se conseguen praza nunha opción non preferente. Non obstante unha vez confirmada unha adxudicación de praza nun centro, somentes poderán permanecer na listaxe de agarda dese mesmo centro en horario distinto ao concedido.
  5. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non esquezan cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.
  6. O horario no que debe efectuarse a matrícula debe corresponderse co horario concedido nas listaxes definitivas. Se resulta necesario reaxustar este horario deben terse en conta, na medida do posible, os seguintes aspectos:
  • Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas)
  • Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas)
  • Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación: Almorzo: 7:30 a 9:00 horas; xantar: 12:30 a 14:00 horas; merenda: 17:30 a 18:30 horas. O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.