Resólvese a baremación definitiva dos/as aspirantes para a praza de axente do corpo da policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á oferta de emprego público do ano 2019

Data presentación
Data presentación fin

Resólvese unha alegación presentada no proceso de selección dunha praza de axente do corpo da Policía Local, para o Concello de Teo, que non modifica a orde dos aspirantes á praza nin a proposta realizada polo tribunal en data 13 de xullo de 2020.

Consulta aquí a resolución

Publicado en teo.gal o 18 de agosto de 2020.

 

 

Concluída a fase de concurso para prover en propiedade unha praza de axente do corpo da Policía Local, reservada á quenda de mobilidade horizontal correspondente á Oferta de Emprego Público do ano 2019, publícase a valoración de méritos das persoas aspirantes.

Consulta aquí a acta de baremación

Contra a devandita baremación, poderase presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. O antedito prazo esténdese entre os días 23 de xullo e 5 de agosto de 2020, ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 22 de xullo de 2020. 

Publícase no BOP número 100 do 3 de xullo a lista definitiva persoas admitidas e excluídas no proceso de axente policía local.

Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de axente do corpo da Policía Local, reservada á quenda de mobilidade horizontal correspondente á Oferta de Emprego Público do ano 2019.

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP 

Publicado en teo.gal o 3 de xullo

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a provisión en propiedade dunha praza de axente do corpo da Policía Local, reservada á quenda de mobilidade horizontal correspondente á Oferta de Emprego público do ano 2019.

Consulta aquí a listaxe definitiva para a praza de axente do corpo da Policía Local 

Acórdase convocar aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 8 de xullo de 2020, ás 09:00 horas, na Casa Común de Oza, ao efecto de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 1 de xullo de 2020

Publícase unha nota informativa sobre a reanudación dos prazos administrativos suspendidos polo RD 463/2020, do 14 de marzo. 

O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE nº 67, do 14/03/2020) establece na súa disposición adicional terceira:  “Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do
sector público. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo”.

Pola súa parte, o Real Decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE nº 145, do 23/05/2020), acorda no seu artigo 9: “Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos renovarase, ou se reiniciará, se así se previu nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.”

De acordo co anterior, os procedementos que quedaron suspendidos a partir do 14 de marzo de 2020 retomaranse, debéndose contar os días transcorridos ata ese momento e completar os que resulten precisos para os trámites que resultaran preceptivos.

A estes efectos debe terse en conta que, con carácter xeral, os prazos retómanse, a partir do luns 1 de xuño, polo período que reste, sen que en ningún caso volvan a contar desde o seu inicio. Como consecuencia do anterior, retómanse os prazos para as reclamacións ou corrección de defectos das listas provisionais dos seguintes procesos selectivos que estaban abertos no momento da declaración do estado de alarma:

  1. Praza de operario/a de servizos múltiples correspondente ás ofertas de emprego público dos anos 2016 e 2017: o prazo para as reclamacións ou corrección de defectos estenderase entre os días 1 de xuño e 2 de xuño, ambos os dous incluídos.
  2. Praza de inspector da Policía Local correspondente á oferta de emprego público do ano 2019: o prazo para as reclamacións ou corrección de defectos estenderase entre os días 1 de xuño e 5 de xuño, ambos os dous incluídos.
  3. Praza de axente da Policía Local correspondente á oferta de emprego público do ano 2019: o prazo para as reclamacións ou corrección de defectos estenderase entre os días 1 de xuño e 5 de xuño, ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 29 de maio de 2020. 

No BOP número 45 do venres 6 de marzo publícase o anuncio coas listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para a provisión en propiedade de varias prazas do corpo da Policía Local, reservadas á quenda de mobilidade horizontal correspondentes á oferta de emprego público do ano 20 no Concello de Teo. 

Consulta aquí o anuncio coa listaxe provisional

O prazo para reclamacións ou corrección de defectos esténdese desde o luns 9 ata o luns 23 de marzo, ambos os dous incluídos

Publicado en teo.gal o 6 de marzo de 2020. 

O BOE número 19 do 22 de xaneiro de 2020 publica a convocatoria de dúas prazas:

Unha praza de Inspector do Corpo de Policía Local, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, mediante o sistema de concurso, en quenda de mobilidade. 

Unha praza de Axente do Corpo de Policía Local, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, mediante o sistema de concurso, en quenda de mobilidade. 

O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso é de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación. Neste caso, que a publicación foi o 22 de xaneiro, o seguinte día hábil é o 23 de xaneiro. En consecuencia, o prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 23 de xaneiro ao 19 de febreiro, ambos os dous incluídos.

As bases completas que regulan a convocatoria podes consultalas premendo aquí

Descarga aquí o modelo de solicitude para participar no proceso selectivo de Inspector 

Descarga aquí o modelo de solicitude para participar no proceso selectivo de Axente

O anuncio desta convocatoria publicouse no BOP número 243 do 23 de decembro e no DOG número 7 do 13 de xaneiro de 2020. 

Publicado en teo.gal o 22 de xaneiro de 2020. 

Publícase no DOG número 7 do luns 13 de xaneiro o anuncio da convocatoria e das bases para a provisión en propiedade de varias prazas do corpo da policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á oferta de emprego público do ano 2019.

Publicado en teo.gal o 13 de xaneiro de 2020. 

Publícase no BOP número 243 do 23 de decembro de 2019 o anuncio  da convocatoria e bases para a provisión en propiedade, de varias prazas do corpo da policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á oferta de emprego público do ano 2019.

Consulta aquí as bases completas da convocatoria. 

Por resolución da Alcaldía nº 1032/2019 do Concello de Teo de data 16 de decembro de 2019, corrixida pola resolución nº 1037/2019 de data 17 de decembro de 2019, aprobáronse as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade de varias prazas do Corpo da Policía Local (Funcionario/a de carreira) correspondentes á Oferta de Emprego Público do ano 2019.

As prazas convocadas son de inspector e axente da policía local. 

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado. Consulta as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2019.